Colaboracións

Noraboa

-Quero expresar a miña máis fonda noraboa a todos os integrantes do equipo de Parlamento Xove 2013. Rapaces, merecíades o posto gañador, pero, como o propio Mateo diría, por algo se chama "fallo". Sinto que a miña asistencia fose totalmente imposible (por motivos bastante obvios), pero eu considero que vós, Mateo, Darío, Sandra e Irene, erades o equipo perfecto, e deixáchedes ao noso instituto e, sobre todo, á xuventude, a un altísimo nivel.

-Querería felicitar a Mateo, por gañar o premio ao mellor orador, e tamén a Irene, por ser unha oradora excelente como sei que o foi (experiencias anteriores o demostran). Tamén queiro felicitar a Darío e Sandra, por ser os mellores investigadores e comedores (sobre todo Darío) do debate. Estou seguro que despois de todos estes eventos, tanto como oradores como investigadores, serviranvos en grande medida para no futuro, e xa agora, para crecer como persoas, oradores e investigadores. E tamén, o Galego, un idioma que se fose eu, gardaría no meu corazón e tería nos meus beizos durante toda a vida, agardo que ocorra así comigo. Decir que, se antes erades unhas excelentes persoas, agora, por un lado, sabedes máis sobre o consumo na xuventude (espero que de algo serva...), e tamén sodes, aínda se cabe, mellores persoas. E por iso queiro felicitarvos.

-E por último, e vital para que este proxecto saíse adiante, non podemos nunca esquecer ás coordinadoras deste gran evento, as profesoras de Galego, Carme e Corona. Dende aquí quero expresar a máis grata e cordial felicitación a unhas profesoras tan entregadas e que poñen á nosa disposición proxectos tan interesantes como o que vos ocupa. Son as artífices, sen elas nada sería posible. Son as encargadas de animarvos polas mañás (tamén inclúo a Darío), para que aproveitedes o tempo e vexades as cousas de color, xa non rosa, pero morado. Son as mestras da novela non escrita das nosas vidas, que nos guían polo camiño indicado ata lugares cheos de cultura. Por todas estas cousas e moitas máis, grazas.

-E sen máis, espero que sigades con estas iniciativas, e noraboa. Un bo esforzo e traballo sempre precede a unha boa recompensa.


Simón Pazos (desde Adelaida, Australia)


---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Test de consumo responsable